Sunday 19 de May de 2024

Máis de trescentas cincuenta persoas participaron no XXXI Encontro de Maiores do Concello de Boqueixón


370 veciños e veciñas tomaron parte na edición número trinta e un do Encontro de Maiores de Boqueixón, celebrada este sábado 4 de maio no pavillón polideportivo municipal do Forte. Unha xornada de lecer e confraternidade para as persoas maiores do municipio.

O encontro arrincou cunha misa no salón de actos do CPIP Antonio Orza Couto, que deu paso ao xantar no polideportivo do Forte. Como xa é tradición, o Concello de Boqueixón homenaxeou ás dúas persoas de maior idade desta cita. Nesta ocasión foron Consuelo Torres Vázquez, de 92 anos, e Solitario Barcala Villa, de 90. Ambos os dous veciños de Sergude, recibiron cadansúa placa conmemorativa.

Ademais, e grazas á colaboración un ano máis de Gasolineras SBC, realizouse un sorteo de agasallos entre todas as persoas asistentes. Uns regalos que foron entregados polo alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro Tato, o concelleiro de Obras Públicas e tenente de alcalde, Manuel Fernández Munín, a concelleira de Servizos, Socias e Igualdade, Ángela Conde Leis, o concelleiro de Deporte, Diego Esturao Rosende, e o concelleiro de Facenda, Servizos Xerais, Mantemento e Limpeza, José Manuel Iglesias Gómez.

Deja un comentario